Guay
Matachin (9-November-2007)
Non sei de que grupo oín que a palabra cool estaba desvirtuada e que querían volvela a poñela ó seu nivel, creo que a min pásame o mesmo o mesmo con guay.
Categorías: Videoclip | Sen comentarios »
Matachin (9-November-2007)
Non sei de que grupo oín que a palabra cool estaba desvirtuada e que querían volvela a poñela ó seu nivel, creo que a min pásame o mesmo o mesmo con guay.
Categorías: Videoclip | Sen comentarios »
Matachin (30-March-2007)
Tiña pensado deixar o hip-hop un pouco de lado ata que sairan os Chacho Brodas de Griffi porque en last.fm últimamente so me recomendaban hip-hop e quería sanear un pouco o meu perfil, pero parece que vou caer antes, porque a Mala saca disco a final de mes e a maioría está producido por Griffi. Xa está na rede o seu novo videoclip:
Un video moi alegre para unha canción onde aparecen malos tratos e matrimonios que van mal dende o principio, pero dun xeito mais críptico do que se estila normalmente. No estou seguro de se a producción corre a cargo do hábil e suave Griffi porque soa mais a Timbalad que a J Dilla, pero soa ben.
O dito, unha preciosidade de videoclip. E de agasallo unha jam session entre Griffi e Raimundo Amador durante a grabación do disco.
Categorías: Música | Sen comentarios »
Matachin (2-July-2006)
Onte empezaron as emisións de Radio Taraská o programa en formato podcast (en vez de ser pola radio, pódese descargar de internet e escoitarse no momento que se quera) conducido por Langui de La Excepción que estará dispoñible todos os sábados dende a súa páxina web.
No programa colaboran La Dako Style (dj de La Excepción) ou Rellenito Mackeinjan, e no primeiro programa poidemos escoitar tema de Average White Band, Los Delinqüentes, Onyx ou Cypress Hill. Amén dun tema de La Excepción.
A ver se eles non teñen problemas coa $GAE, que últimamente estanse a poñer un pouco tensos co tema internet.
E xa que falamos de hip-hop podedes descargar a Griffi e DJ 2d2 no Sonar 2006, Chacho Brodas en acción ou o que é o mesmo, o escalón máis alto dos DJs patrios.
Categorías: Internet, Música | Sen comentarios »
A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by
WordPress
Entries (RSS)
and Comments (RSS).