Os famosos e os nomes dos seus fillos
Matachin (14-Xaneiro-2009)
Lémbrome cando daban Roseanne na galega e a gracia que me fixo que lle puxeran o seu fillo Jerry García Conner en honra do líder dos Greateful Dead, un nome que non era un nome.
E sempre pensei en facer algo así cun fillo meu, pero algo sutil e non tan esaxerado como o que están a facer ultimamente os famosos.
Non sei cal é a primeira referencia de nome/putada de neno famoso, pode que foran os fillos de Beckham: Brooklyn Joseph, Romeo James e Cruz David postos dependendo do lugar no que foran enxendrados, que son raros pero sempre se lle pode chamar polo segundo nome. Apple Paltrow Martin, filla de Gwyneth Paltrow e Chris Martin, que aínda que teña delito chamarlle a túa filla Mazá aínda podes gañar uns cartiños facendo anuncios para Mac. E a cosa se complica: Zuma Nesta Rock Rossdale chámase o fillo de Gwen Stefani e o cantante de Bush.
O fillo de Nicholas Cage, fanático dos comics chámase Kal-El Cage, que con ese nome mais lle vale ser forte no patio do colexio…
Jason Lee queríalle poñer un nome único o seu fillo asi que, tachán: Pilot Inspektor.
E no último capítulo da historia Ashlee Simpson e o baixista de Fall Out Boy Pete Wentz tiveron a Bronx Mowgli Wentz, para que as iniciais do seu nome formasen BMW.
Outro caso é o de Rudy Cansado que cando a súa muller estaba preñada meditou a posibilidade de chamarlle o seu fillo Pompeyo porque a parte de ser un gran interesado da historia “con un nome así ou acabas cunha personalidade moi forte ou pobre de ti!”. A muller puxe un pouco de orde e chamoulle Carlos.
Deberíamos facer coma os indios e esperar a que o neno medrase para poñerlle un nome que lle acaera ben o cativo, ou polo menos darlle a oportunidade de opinar. Esta visto en en hollywood debería ser norma obrigatoria
.
Categorías: Humor | Sen comentarios »
