Hoxe é o turno de Duo Kie, o gran tapado do hip-hop español. Respetados por toda a escena pero pouco coñecidos para o público en xeral, e é que a pesar da súa calidade voan por debaixo do radar. Quizais axude a comprender a súa historia o feito de que todas as discográficas cos que sacaron disco pecharon.
Para este domingo traiovos un disco para que o poidades descargar de balde, Atmosphere son un grupo con nome dentro do hip-hop underground nos EEUU e nestas navidades puxeron na súa web un disco coma regalo para todos os seus fans Stricktly Leakage.
O disco e menos oscuro que os seus outros albums e moito mais funky gracias o uso dos sampleos funk e ventos soul que lle da un ambente moi festivo.
Descubrino en Free Albums Galore, un blog onde poñen enlaces a albums para a súa libre descarga (xa veña con licencia Creative Commons ou non) e que todos deberíades ter no voso lector de rss.
O concerto comezou con Som do Galpom que sufreu as consecuencias de ser o primeiro grupo, pouca xente en xeral e toda na parte de atrás quecendo motores. Nós achegamonos un pouco e confirmamos que é un grupo que nos gusta, e o feito de que a súa instrumentación sexa real fai que moitos que puideran ter certa aversión o hip-hop perdan prexuízos ante a súa proposta.
Non sei canto falta para que saquen o disco novo, pero xa teño curiosidade por ver como soa. (more…)
Con isto da ponte non me lembraba de poñervos un video. Hoxe volve tocar hip-hop con a que para mín é o mellor corte do Vivir para contarlo, nun video feito por Alberto Blanco con deseños de inocuo.
Todos os grupos de hip-hop deberían ter cancións así, normalmente limitanse a poñer cada un o seu párrafo pero aquí doble v supérase con xogos vocais entre os tres mcs. Pronto sairá outro DVD en directo con horas de documentais e videos, amén do Maxi en vinilo das cancións novas que veñen co directo. Apetecible.
Non sei de que grupo oín que a palabra cool estaba desvirtuada e que querían volvela a poñela ó seu nivel, creo que a min pásame o mesmo o mesmo con guay.
O video de este venres é do 2002 pero como levo toda a semana escoitando o The Futere is Now de Non Phixion, que é un discazo, quero poñer este hit producido por DJ Premier.
Catro anos despois deste discos e despois de recopilatorios separáronse polos problemas coas drogas de Goretex e agora cada un anda por separado. Pero antes deixaron este video con aparición do mais granado do hip-hop underground neoiorquino e do mais granado do underground, a secas (vaia cuadros).
A semana que ven supoño que substituirei hip-hop por power pop, porque se non vos lembrabades o luns sae Tres!!