A Pintega

O pop da comarca en Banda curta

Matachin (16-Febreiro-2009)

Para os que estabades ocupados na comida do patrón aquí vos deixo a reportaxe do que falabamos na nova anterior:

Na reportaxe saen Quant, Roger de Flor, Misquious e Julian Ross, que como xa saen na tele poden chegar tarde aos concertos.

Por iso o sábado en San Valentín no Rock no Camiño so puideron tocar vinte minutos, a ver se aprenden dunha vez…

Categorías: Musica | Sen comentarios »

Concertos para a fin de semana

Matachin (12-Febreiro-2009)

Este fin de semana está marcado por ser San Valentín, e non que sexamos uns románticos (que o somos) senón que estamos de patrón e temos  laconada, orellas, freixós e todo o licor café que leva consigo.

Ademais este fin de semana empeza a liga de chave e co que nos queda un plan completo.

Pero para os que teñádes gaña de concerto podedes ir mañá a ver a Roger de Flor á Fusa en Ferrol no único concerto que coñezo interesante por aqui o venres.

O sábado si que hai cousas mais interesantes como por exemplo The Muffs en Salan Nasa á que seguro que van moitos amigos, ou as Festas Demoscópicas en Vigo onde participa o fenés Roger de Flor xunto con Novedades Carminha, Vale Tudo ou los Cadáveras.

E nós que quedamos en San Valentín a parte das orquestas temos a Julian Ross e Andrés Suárez no Colexio A Xunqueira. Se chegamos.

Pasádeo ben, fagádes o que fagádes.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Concertos para a fin de semana

Matachin (29-Xaneiro-2009)

Que eu saiba mañá tocan Julian Ross en Casa Ardá (Limodre) e o sábado Eskakeo acompañados dos portugueses Karma-Cola na Run rum en Ferrol.

No outro lado do país, en Vigo: o venres os UK Subs tocan na Fábrica de chocolate, El Hermano Ele toca La Iguana cos Ranking Soldiers e DJ Amable estará no Mondo Club pinchando hits.

O sábado Pelle Carlberg no mondo e festa ska punk con Wisecräcker, Kogito e Oferta Especial na Fábrica.

Ou sexa, ben.

E se estades na Coruña tocan Juanito Broders e Malandromeda (aos que teño moitas gañas de ver) no Super club.

Menos mal que pronto empeza a temporada de chave…

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Concertos para este fin de semana

Matachin (11-Decembro-2008)

Mañá en Fene podemos elixir entre dúas opcións: podemos ir ver a Julian Ross ao ababol ou podemos oír o folk de Estimaba que viñeras no Chamalle X.

E se buscades algo mais exótico podedes ir ao Local da Fundaçom Artábria onde toca Che Sudaka, a banda multi-detodo que ven de acompañar a Gogol Bordello pola súa xira por España.

E para o sábado a mellor opción é ir ver a Los Zares a Run Rum, que ademais estará seguido pola pinchada popeira de Fonso A.K.A. Ratinho K.O.

Parece ser que o tempo non vai acompañar pero xa case estamos en festas non?

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Recordos do mes

Matachin (25-Novembro-2008)

Vou a casa dun amigo que me pasa as fotos da despedida de Javier en Monfero con concerto de Julian Ross hai catro semanas:

Julian Ross

Meto a man no peto da cazadora e atopo un papel que resulta ser o setlist do concerto que deron Lee Van Cleef no aniversario do Manchita Cosa hai tres semanas:

setlist Lee Van Cleef

Así que teña as fotos do concerto de Vetusta Morla en Ponferrada de hai dúas semanas poderei demostrar con probas o ben que o pasei este mes :) .

Categorías: Concertos | 1 Comentario »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).