A Pintega

Josele de teloneiro dos Tigres del Cañotas

Matachin (12-Agosto-2010)

En agosto non teño gana ningunha de escribir aquí, e así esta isto de abandonado pero eh que hoxe toca Josele Santiago e Pablo Novoa na Sala Super 8 acompañado de en Ferrol ás dez da noite (minuto arriba ou abaixo).

Logo para continuar están Los Tigres del Cañotas no Sikaru as doce mais ou menos ou mellor dito ate que cheguemos nós así que o plan é redondo!

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Havalina como prato forte da fin de semana

Matachin (22-Xullo-2010)

¿Queredes empezar ben a fin de semana? Pasádevos hoxe polo Lar de Picas a ver a Los Tigres del Cañotas, show asegurado con esta boy band fenesa na súa tourné anual por Ares.

¿E mañá? ¿que temos para mañá? Pois moitos incautos irán a pasar a fin de semana ás Pontes que celebra as Festas da Fraga onde mañá estarán Sidonie como cabezas de cartel no Nabiza Rock deste ano.

Outros iremos a ver en concerto a Colectio Oruga na Super 8 que traerán a Ferrol a súa electrónica apoiada en proxeccións aínda que ben que prestaba estar en Santiago na presentación do “Come On Pelegrin” pero outra vez será.

Por certo, que o venres tamén está no Jofre Enrique Morente, se queredes escoitar flamenco non podedes aspirar a algo mellor agora mesmo.

Pero pasamos ao sábado con Havalina acompañados de Julio Suárez & The Backyards na Super 8, guitarras pesadas nun dos concertos mais recomendables que pasarán por Ferrol. Estades avisados.

Categorías: Concertos, Videoclip | Sen comentarios »

Xunt@s por Astano!

Jans_topo (27-Maio-2010)

Cartel do evento: xunt@s por Astano

Por actividades non será. Este sábado, todo o mundo a apoiar o levantamento do veto.

Categorías: Fene, Festas, Política | Sen comentarios »

Miki Nervio & The Bluesmakers – Wastin´ my time no more

Jans_topo (14-Maio-2010)

Hoxe en Ferrol Chema Rey di-llei! fai pinchada sixties total no Manchita cosa e en La Reserva os incombustibles Los tigres del cañotas. E mañá en Run-rum o blues galaico dos coruñeses do vídeo de ahí arriba. Moi boa pinta.

Categorías: Concertos, Videoclip | Sen comentarios »

Síntoo por Ferrol pero hoxe é a Festa Lixo Urbano

Matachin (18-Decembro-2009)

Hoxe teñen moitas festas en Ferrol. Para empezar Todo el largo verano e Carrero Bianco no Desván protagonizan a Festa Oficial de La Fonográfica General Nº 45, onde o single agasallo será de TELV.

Por outra banda tamén nos apetecía ir o concerto de Los Tigres del Cañotas no Sikaru ás 22:30 e a Los Predicadores ás 00:30 no Balance, pero puxemos en orde as nosas prioridades e xa temos un gañador.

Hoxe na Coruña celebrase a festa Lixo Urbano no Le Club que servirá para a presentación dos últimos dous lanzamentos da discográfica compostelá. The Homens presentarán o seu agardado segunda Larga Duración chamado “Cuarta Potencia” no que ademais da evolución no son que supón a inclusión nos últimos tempos dun teclista á formación avísannos dun recrudecemento das letras e actitude (parece ser que ata abandonan as súas míticas camisolas a raias), coma na anterior ocasión o tedes en LP e en CD.

Para completar a noite Novedades Carminha presentan o seu “Te vas con cualquiera” en CD, pop punk dadaísta e un san costume de provocar ao público completan o dueto para unha festa inmellorable.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).