Impresionante VideoMachuco mistura do Pois eu de Do Barro e o Lust for Life de Iggy Pop ou de Trainspotting e en La red de tu canción, segundo se mire, para recordarvos que hoxe á noite as 10:30 da noite emitese na Galega a gala homenaxe a Andrés Do Barro que se gravou no Teatro Jofre hai unhas semanas.
Unha gala onde actuaron ademais de clásicos coma Complices ou Silvia Superstar, outros grupos galegos coma Quant ou Ataque Escampe interpretando cancións do autor ferrolán, as mesmas cancións que están incluídas no disco tributo que sae á luz este luns mércores tanto en formato digipack triple (por Falcatruada) como en formato dixital (por A Regueifa Plataforma).
O disco ademais de do valor en sí como homenaxe se serve para ver como anda a escena galega xa que no disco colaboran preto de trinta bandas moitas do catálogo da Regueifa e outras coma Niño y pistola, The Homens, Ectoplasma ou Boy Elliott (a representación de San Valentín no disco). Unha boa forma de recordar ó primeiro galego que conseguiu un número un na historia do pop en galego.
Xa podedes baixar sen problemas todos os Machucos (forma normalizada para os mash-ups anglosaxóns) que se levan feito ate o de agora no programa Extraradio da Radio Galega.
Gracias a A Regueifa podedes disfrutar de misturas feitas con coñecidas cancións da música galega sobre éxitos internacionais, coma a enorme Xirarei on you (Madonna vs. Xil Ríos) ou Smell like sementeira (Nirvana vs. Fuxan os Ventos).
BOOTIE son unhas festas mensuais que se organizan nos EEUU (teñen páxina de San Francisco e en Los Angeles) nos que se pinchan os últimos e mellores mashups e Bastard Pop. Nas súas páxinas teñen abuntante material sobre os DJ que producen os mashups, entrevistas e un Bootie Top 10 onde poñen os mellores temas saídos no último mes.
Atopei esta organización mediante o Stumpleupon (unha extensión que te permite navegar por páxinas ó azar dunha temática elexida) chegar o Best of Bootie 2005 onde recollen ó mellor destas festas no 2005. A destacar o S.L.H. (Sri Lanka High) (M.I.A. vs. The Ramones) ou o Black Beatles (Beatles vs. Black-Eyed Peas vs. Ludacris vs. Kelis). Pero comprobadeo vos mesmos, é de balde.
Os que me coñecen saben do meu gusto polos djs que non se dedican a pinchar só electronica e sobre todo gústanme os mash-ups, que é como se coñeece á técnica consistente en coller varias cancións e facer unha nova canción con elementos de ambas.
Todo esto ven polo descubrimento de dous discos un é A Night at the Hip-Hopera onde se misturan cancións de Queen con rimas de figuras do hip-hop e outro chamado American Edit onde, partindo da idea de que Green Day usa riffs doutros grupos remezcla ó completo o seu LP multiplatino American Idiot
Aqui podedes atopar os torrents, aínda que sempre podedes buscar na Mula: