O concerto comezou con Som do Galpom que sufreu as consecuencias de ser o primeiro grupo, pouca xente en xeral e toda na parte de atrás quecendo motores. Nós achegamonos un pouco e confirmamos que é un grupo que nos gusta, e o feito de que a súa instrumentación sexa real fai que moitos que puideran ter certa aversión o hip-hop perdan prexuízos ante a súa proposta.
Non sei canto falta para que saquen o disco novo, pero xa teño curiosidade por ver como soa. (more…)
Hoxe celébrase o Treme a Terra e xa teño gañas de ver outra vez a Motor Perkinsque tanto nos gustou en Fene, e como sempre digo que se parecen a Flogging Molly pois poño un video deles, que ademais é unha canción que MP versionan coma Rosa dos Ventos no seu disco.
E para completar cartel Som do Galpom (outros coñecidos), BoNoVO (dois que teños moita curiosideade de ver) e a rumba mestiza de La Pegatina.
Este é o cartel do Treme a Terra de este ano e parece que este ano tamén repetimos, o cartel é atractivo.
Dos coñecidos por nós o hip-hop con instrumentación real de Som do Galpom e o paddy punk de Motor Perkins xa aseguraban a nosa presencia. E dos que aínda non vimos: o folk do século XXI de bOnOvO(co fenés Roberto Grandal nas súas filas) e a rumba catalana de La Pegatina completan o cartel.
Non moveu moita xente o concerto do venres na praza do concello, aínda así os grupos puxérono todo da súa parte que que a festa non decaera.
O concerto empezou con Motor Perkins, un grandísimo descubrimento, a verdade non é normal que os puxeran no primeiro lugar tendo en conta a festa que teñen e que despois de eles o ritmo foi baixando. Unha mistura de folk e punk con aires irlandeses nun concerto a base versións de Flogging Molly ou The Pogues cantadas en galego e composicións propias que serían ideais para un concerto mais concorrido (non me que imaxinar a que podian montar estes na Fraga). Merqueille a maqueta e seguro que dará moitas voltas no remeu coche.
De Ith non teño moito que dicir, MP deixara o listón moi alto e o seu rock clásico non calou moito en nós, nin no resto da xente e a pouca xente que habia empezou a desfilar a outros sitios. Asi que cando empezou o concerto de Ataque Escampe só quedabamos catro gatos (ou quince) non axudou que AE non teñan batería e houbo xente que pensou que xa acabara todo ó ver como a desmontaban. Pero a súa orixinal proposta gustou: boas letras, cantante hiperactivo e versións do Blister in the sun dos Violent Femmes e o I will turn de Xil Ríos. A estes tamén me quedaron gañas de velos mais veces, mellor nun bar.
Asi están as cousas, dous bos descubrimentos e moi mala nota para o público de Fene, é ben certo que non eran moi coñecidos pero a xente debería ter un pouco de curiosidade polas cousas que se organizan no concello, a ver se no concerto que traerá a The Homens, Samesugas e A. Ferreiro hai mais participación. Para empezar non coincide con ningún concerto das festas de Ferrol como pensaba nun princípio. Xa se verá.
Baixo nome de Rock no Camiño Inglés soarán hoxe na praza do concello de Fene o rock montañés de Ith, o rock de serie b de Ataque Escampe e o rock con aires celtas (o paddy punk dos Pogues ou Floggin Molly) de Motor Perkins.
A Ith non os coñezo pero dise por ahi que se parecen os primeiros Suaves, Ataque Escampe teño gaña de velos por que gustoume o seu disco (de libre descarga na Regueifa) e teño entendido que fan versións de Violent Femmes, Los Enemigos ou os Stones cousa que sube o caché. E polo que oín no myspace de Motor Perkins teñen música para unha boa festa así que tamén hai que velos.
Y no se me vallan todavía que aún hay más, en Casa Ardá seguen coa xeira de concertos de verán hoxe co power-pop de Ian.