A Pintega

Trash entre amiguiños

Matachin (2-Xuño-2010)

Dentro do (S8) Festival de cine periférico da Coruña poderemos asistir a unha sesión de Trash entre Amigos.

Para os que non os sona o nome Trash entre amigos e un evento no se intenta volver a facer de ver unha película unha experiencia compartida e para iso o plantexamento básico de cada sesión é ver unha película durante a cal un grupo formado por Sr. Ausente, Ruben Lardín, Raúl Minchinela e Nacho Vigalondo comentan a película en directo: sen paradas nin rebobinar e sempre coa colaboración do público.

Para o seu debut coruñés a película será El ataque de los muertos sin ojos obra de un director coruñés de culto: Amando de Ossorio e a localización do cine será a Antiga Prisión Provincial de A Coruña (Patio del Frontón).

Este vernres 4 ás 22:30, a entrada é de balde!!

Categorías: Cine | 1 Comentario »

Los Cronocrímenes en DVD

Matachin (20-Novembro-2008)

E pasou o tempo. Cinco meses dende a estrea en forma de longametraxe de Nacho Vigalondo con Los Cronocrímenes e non tiven oportunidade de vela en pantalla grande, así que me queda unha segunda opción: vela na casiña.

Acaba de sair a versión en DVD da película pero eu agardarei a mercala (ou descargala) porque segundo conta Vigalondo no seu blog, aínda que esta versión conta cun audiocomentario do director polo nadal poderemos agasallarnos cunha edición especial da que pouco sei aínda pero seguro que traerá mais cousiñas interesantes, polo pronto a oportunidade de ver unha película sobre viaxes no tempo na orde cronolóxica correcta: unha frikada imperdible.

Eu xa teño un agasallo pedido os reis.

Categorías: Cine | Sen comentarios »

Mellor esta boda

Matachin (30-Setembro-2008)

O sábado, na boda que fun, ao teclista do trío Agua Azul parece que se lle quedara pegado o dedo ó botón de cumbia.

Noutra parte do mundo, unha boda transitaba por camiños totalmente distintos…

Categorías: Humor | 5 Comentarios »

Unha colaboración que se vía vir

Jans_topo (29-Abril-2008)

Estes días produciuse en Madrid un evento que reuniu tres temas que apasionan nesta tarbena: Muchachada Nui, Nacho Vigalondo e Venga Monjas:

O evento en cuestión foi á rodaxe dun scketch de no que se pediu a colaboración popular e que dirixiu o mesmísimo Vigalondo in person e no que participaron os rapaces de Venga Monxas. ¡Toma conxunción!

Ainda que agora que o penso, o Vigalondo xa colaborou alguna vez que outra cos chanantes, e os rapaces de Venga Monjas xa tiveron os seus más e os seus menos con este e con aquel. ¿Qué conxunción nin conxunción? Amiguismo puro e duro…

Bah, ó que lle importe, estou desexando ver ese scketch.

Categorías: Humor | Sen comentarios »

Xa hai data para a estrea de “Los Cronocrimenes”

Matachin (14-Abril-2008)

CronocrimenesO día D será o 27 de xuño, nove meses despois da súa primeira proxección no Fantastic Fest de Austin (Texas).

Ademais na web de Los Cronocrímenes tamén hai anunciado un xogo que comezará o 25 de abril.

E por se esta xa fora unha boa noticia para Vigalondo, xa se sabe que o guión do remake americano da peli o vai a facer o guionista de Children of men, polo que a cousa parece que vai levar un bo presuposto.

Nunca me gustaron os remakes pero polo menos Nacho saca uns cartiños.

Categorías: Cine | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).