Por fin vou poder ver a Nueva Vulcano en directo! Despois de que na sua última visita fora baixa por enfermidade desta vez parece que si vai a ser.
Hoxe na Mardi Gras da Coruña xunto con The Homens presentarán o seu último disco “Los peces de colores” onde se amosan mais alegres e luminosos aínda que sen perder a emoción que lles caracteriza, e vaia base rítmica! A potentísima batería de Albert Guardia e o baixo de Wences Aparicio co unhas liñas de baixo incribles das que a partir delas, segundo Artur Estrada (cantante e guitarra), créan as cancións. Por suposto xunto coas letras deste último un exercicio de enxeñería sobre frases feitas que o converten no meu letrista favorito do momento.
Ademais será a primeira vez que escoitamos en condicións o “Cuarta Potencia” de The Homens, por que xa os vimos presentar o disco pero daquela aínda non lle deramos unha escoita a fondo.
Unha ocasión que ninguén debería perder (a ver se non quedo sen entrada )
Parece ser que o bicho que me tumbou na cama para impedirme ir ó Fervesteiro continúa a facerme mal e esta vez en forma de dor de oído impedirame ir hoxe ó concerto de Nueva Vulcano en El Teatro na Coruña.
Os que esteades preto non deberíades perder a este pedazo de grupo, que teñen as miñas letras favoritas do momento e son causantes de que as cante a todo pulmón no coche (coa correspondente cara de flipe alleo).
A banda saía das cinzas de Aina, Nueva Vulcano presenta Los días señalados: novo material en forma de single de vinilo con dúas novas cancións moi vitalistas para estos días de verán. E nun xesto que os honra o single pode ser descargado gratuítamente da web de BCore.
Posible nova compra para o meu novo tocadiscos.
Ademais, pronto pasarán por Coruña nun concerto en El Teatro, unha ocasión que non deberíades deixar pasar.