A Pintega

The Ting Tings - Great DJ

Matachin (6-June-2008)

Mañá sábado La Cooperativa celebra o seu primeiro ano poñendo música con unha festa no Mitikas.

Mañá sábado Quant volve ós escenarios cun concerto no Carteles presentando novo batería e repartirán copias do seu último EP “The Shagadelic Freakiest SessionS”.

Mañá sábado vou pola tarde a Ourense a xogar unha partida de chave coa selección de Ferrolterra.

Pasadomañá, domingo, vou estar un pouco cansado.

Categorías: Concertos, Videoclip | 3 Comentarios »

Feliz aniversario fonográfico

Matachin (31-October-2007)

La Fonográfica GeneralA Fonográfica General celebra hoxe o seu segundo aniversario de vida, dous anos facendo festas para pagar singles de vinilo dos grupos que tocan nesas festas. Así de sinxelo e asi de fantástico.

Empezaron en Ferrol e agora xa se estendeu a fórmula a Madrid, Gijón, Marbella … e estenderase moito mais.

Encantame a fórmula pero a causa unha especie de estrana maldición cósmica nunca podo facer acto de presencia (so fumos a unha festa de disfraces), hoxe mesmo non podo asistir por celebrarse tamén a cea anual da liga de chave cea para a que levamos aportando cartos toda a liga e que a parte da comida estará amenizada por Los Zares.

Pero aínda que eu non asista, hoxe tocarán Los Huéspedes Felices e Quant, que presentarán/regalarán o seu single con unha portada moi bonita e que contén unha versión regrabada de Margot Tenenbaum (a miña favorita) e Algo nuevo (a súa primeira canción en castelán), podedelas baixa xunto co resto da súa discografía en Quant mp3.

A ver se podo conseguir o single por outro sitio e a ver se a próxima vez non teño compromisos previos e vou á festa.

Evento en last.fm: 2º Aniversario Fonográfica General

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Concerto en Ferrol (e bar novo)

Matachin (3-July-2007)

Quant-Nouvelle-april

Para os que non teñades moitas ganas de metervos no maremagnum en que todolos anos se convirte Ortigueira durante o festival do Mundo Celta, que saibades que pretiño de casa tedes unha boa oportunidade de ver boa música pop en directo.

Este venres 5 tocarán na Sala Run Rum (antigo Pardiez) Nouvelle Cuisine, Quant e April Fool’s Day. Por se non os coñecedes aínda estades a tempo de escoitar algo deles. Os primeiros son de Coruña e os outros de Ferrol e ambos teñen publicado o seu traballo a través de A Regueifa. Os terceiros son de Barcelona e podedes escoitar as cancións do seu disco 9th en last.fm.

O concerto comeza as 21:30 en punto (supoño que para que todos os grupos teñan o seu tempo) así que non tardedes…

PD: a verdade que entre bares novos coma o Run Rum ou o GURU e iniciativas como a Cooperativa Ferrol está a convertirse nunha alternativa real de ocio.

Categorías: Concertos | 1 Comentario »

Venres de concertos

Matachin (11-May-2007)

En Fene (salvo honrosas excepcións) non hai moita opción de ver música en directo pero este fin de semana temos onde elexir.

Primeiro poderemos ver o espectáculo músico/visual de GalegoZ no parque verde, amén de outros grupos locais con motivo do festival A mocidade coa Lingua. E cando aínda non teña rematado este festival xa empezan a tocar nos concertos de Quant e de Los Huéspedes Felices en Casa Ardá, presentadon sendas novas maquetas.

Eu de primeiras apúntome tanto o Memorial Brocos coma ó de Los Quant Felices, logo mesmo non poido ir a ningún pero tentareino, que estas cosas non pasan todos os días.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Premio a Quant

Matachin (27-September-2006)

O proxecto ferrolán-fenés Quant ven de ser premiado polo coléctivo Caceres Pop Art co premio Grupo revelación 2006. Outra mostra de que compartir as túas cancións dunha forma mais libre permite que a túa obra poida chega a lugares que de outra xeito sería pouco probable.

O premio seralles entregado por Jesús Ordovás a semana que ven nu festival no que amosarán o seu directo. Para ver como soan podedes baixar as suas maquetas dende a súa web ou ver un videoclip seu no que contan coa colaboración de Boy Elliott:


Categorías: Música | 1 Comentario »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).