Matachin (11-Febreiro-2010)

O venres pasará o Ferrol Alest y su escuadrón Bonobo nunha xira con Lee Van Cleef organizada por Tualmontoyoalmar que pasará polo Run Rum o venres e o sábado pola Radio en Compostela.
A ver se nos pasamos porque este fin de semana ademais de empezar a liga de chave SON AS FESTAS PATRONAIS DE SAN VALENTIN!
Tamén recordar que un de San Valentín, O Neno Elliott, estará mañá en Le Club na Coruña tocando xunto con Zodiacs despois de que se suspendera o concerto que tiñan previsto hai un mes.
Todo esto envolto nunha marea de carnaval ¿quen da mais?
Categorías: Concertos | 1 Comentario »
Matachin (29-Outubro-2009)
Para empezar tranquiliños, hoxe está Anni B Sweet no Torrente Ballester dentro das Novas Noites, como a semana pasada, outra cantante que meten no saco de Russian Red.
O venres mentres uns conformámonos co duo Caramelo, no Manchita Cosa estará pinchando outra vez Chema Rey aínda que se queredes música en directo na Run Rum estarán tocando Skarallados as dez e no Balance hai unha homenaxe a Antonio Vega sobre as doce e media.
Para o sábado ven o gordo xa que temos dúas opcións e as dúas moi boas porque La Fonográfica General volve a facer das súas cunha festa de Hallowen. A cousa empeza amodiño no Asturias a base de pinchos para pasar despois á Run Rum con dobre concerto a partires das once de Gathering Leopard e The Kanaloas . A festa continuará no Pinsapo ate a fin de emisión.
Pero ese non é o único plan e aí ven o problema porque Juan Rivas estará tamén en Ferrol o sábado e aínda non dominamos a ubicuidade así que veremos se podemos asistir a todo.
¿Juan Rivas ou Fonografica? Pode que con unha pouca de sorte e axustando horarios non nos perdamos moito da festa.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Jans_topo (13-Agosto-2009)
De máis preto a máis lonxe:
- En Fene, a concentración motera Jabatos 2009, coas actuacións, entre outros, de Los Santos y DeBosses.
- En Ferrol, tocan o venres Novedades Carminha e Lee Van Cleef na sala Run Rum. Garaxe a tope.
- No Burgo, os coruñenses Nouvelle Cuisine comenzan hoxe no Forum Celticum unha de minixira, que remata mañá na discoteca Ola Green.
- En Coruña, comenza hoxe o Festival Noroeste coa actuación estelar de Calle 13, pero, dende logo, o prato forte é a actuación o sábado dos suecos The Hives. Probablemente este sexa o plan que toque.
- En Noia, descubro o Mar de Fondo, un festival ó que non fumos nunca, pero que ten moi boa pinta.
- En Aranda de Duero, comeza hoxe o Sonorama, que parece que, tras dous anos de asistencia fiel, quédase este ano sen presencia pintegueira.
- Aparte do do concerto de Faith no more, non sabemos qué fará a delegación turca.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Jans_topo (6-Agosto-2009)
E non me refiro a que, ó non estar Matachín, teña que encargarme eu da taberna, senón a que este fin de semana coincide o Felipop coas festas patronais.
Para o Felipop, aparte do cartel que xa levaba tempo confirmado, destacar que hoxe actúan en Casa Ardá Bang 74 a modo de inauguración do festival.
En canto ás festas patronais, os amantes das verbenas temos hoxe a orquestra “Fin de siglo” e mañá a orquestra “Galilea”. Máis información na páxina de fene.com.
En Ferrol o sábado tocan Habitación 92 na sala Run Rum, entrada a 3 euros con regalo do seu novo EP.
Non se descarta presencia pintegueira en algún concerto en Estambul.
Categorías: Concertos, Fene, Festas | 3 Comentarios »
Matachin (28-Maio-2009)
Esta fin de semana os únicos concertos que podo destacar son os da Run Rum, tanto o vernse coma o sábado.
O venres e a quenda de M&M’s Band, que polo nome pode que non vos diga nada pero e o novo grupo de Maikel, Reina e Juse (antes en BandeBanda) xunto con Michel (ex-Amadeus, agora en Black Rose) e a colaboración de Colas Lage para este concerto.
Neste grupo Maikel volve a voz solista para repasar temas de Johnny Winter, Blues Brothers, ZZ TOP, Rolling Stones, Wilson Picket, James Brown e outros clásicos do Blues, o Soul e o country.

E para o sábado Som do Galpóm (outra vez) presentando o seu novo disco, desta vez temos voda e non sabemos se iremos ainda que a voda é de mañá e sería unha estampa curiosa ver a toda a xente do convite na Run Rum. Veremos como acaba a cousa.
Pasádeo ben!
Categorías: Concertos | 1 Comentario »
Matachin (26-Febreiro-2009)
Para esta fin de semana temos dous concertos de Los Tigres del Cañotas no Calle 88 (Carretera de Castilla) que tocarán o venres e o sábado. Supoño que tocarán xa cancións novas do seu novo disco que está a puntiño de saír.
E o sábado na Run Rum tocaran os suecos Industri Royal acompañados de Los Ruines. Industri Royal son unha banda mistura de indie pop cun toque punk, que según dín ten un potente directo.
A verdade é que ter o peito de vir dende Suecia a tocar a Ferrol xa é un aliciente para velos en directo, podedes ver videos deles en directo no canal de Youtube de Industri Royal.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (11-Decembro-2008)
Mañá en Fene podemos elixir entre dúas opcións: podemos ir ver a Julian Ross ao ababol ou podemos oír o folk de Estimaba que viñeras no Chamalle X.
E se buscades algo mais exótico podedes ir ao Local da Fundaçom Artábria onde toca Che Sudaka, a banda multi-detodo que ven de acompañar a Gogol Bordello pola súa xira por España.
E para o sábado a mellor opción é ir ver a Los Zares a Run Rum, que ademais estará seguido pola pinchada popeira de Fonso A.K.A. Ratinho K.O.
Parece ser que o tempo non vai acompañar pero xa case estamos en festas non?
Categorías: Concertos | Sen comentarios »