A Pintega

San Valentin Finest

Matachin (18-February-2008)

Presentovos a David Sellero, subcampión de España de Biketrial e residente en San Valentín.


No video sae facendo cafradas por Fene e comarca, estade atentos os asiduos o Felipop e veredes o merendeiro de A Hortiña e o que pode facer este artista [min 0:26].

Categorías: Deportes, Fene | Sen comentarios »

San Valentín vaise de festa

Matachin (16-February-2008)

Aínda que este ano non se celebren festas patronais, case todas as pandillas teñen unha comida ou cea planexada para hoxe, mesmo o CPS fai unha cea no Cantábrico que estará amenizada por Maxipelo!

Hoxe tocan Samesugas na Run Rum, aínda non creo que vaiamos: un concerto á noite despois dun día de festa ten consecuencias imprevistas. Se ides sair e tedes gañas de concerto tamén estará Carmen Rey no Desván (non será por ofertas).

E agora unha pregunta de Trivial sobre San Valentín:

¿Quen foi o primeiro neno/nena que naceu en San Valentín?

(more…)

Categorías: Festas | 1 Comentario »

Blood Filloas - Superheroe

Matachin (15-February-2008)


O 50% de Blood Filloas era de San Valentín e o primeirísimo embrión da banda actuou por primeira vez no colexio de A Xunqueira en San Valentín.

E esta canción quedará no subconsciente colectivo de toda unha xeración galega.

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

Feliz San Valentín (Fene)

Matachin (14-February-2008)

San Valentin

Feliz día a todos: ós do bloque un ó seis, ós do sete ó doce, ós das torres e por que non, tamén ós atravesados.

Categorías: Fene | 3 Comentarios »

Regalos para San Valentí­n

Matachin (14-February-2007)

As flores son caras. Os doces son malos para os teus caninos. Solución: O mix de San Salentí­n de Peanut Butter Wolf.

Para ambientar esta noite especial Peanut Butter Wolf, capo da discográfica Stones Throw pon para a súa libre descarga e so no dí­a de hoxe unha sesión de música romántica con cancións de Bobby Womack, Marvin Gaye, Archie Bell & The Drells ou Stereolab.

Baixádea que so estará dispoñible hoxe, e os que non a necesitedes pasade o patrón o mellor posible.

Categorías: mp3 | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).