A Pintega

Concertos nas festas de Ferrol e Coruña

Matachin (27-Agosto-2009)

Dende hoxe ate o domingo tedes música todos os días na Praza de Armas ferrolán gracias as festas de Ferrol:

  • Xoves: Nena Daconte, o mais digno que saíu de Operación Triunfo pasa por Ferrol
  • Venres: Som do Galpóm volve na enésima vez que os vemos en directo, e sempre nos gustan.
  • Sábado: Vetusta Morla, quizais o concerto con mais tirón  (se quitamos a Melendi) ultimamente están a presentar temas novos do seu próximo disco.
  • Domingo: Habitación92, Presa Fácil, ID3M e Néboa; concerto de grupos ferroláns nunha boa idea da comisión de festas para a tarde do domingo

Xa sei que as comparacións son odiosas pero este é o plan que teñen en Coruña nos xardíns Méndez Núñez:

Eu por proximidade quedarei en Ferrol aínda que en condicións normais entre Nena Daconte e Mamá Ladilla…

BOLA EXTRA: Endless Summer Surf & Roll Party con The Kanaloas e Los Válvulas, remate do verán con estilo.

Habitación92, Presa Fácil, ID3M e Néboa

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Som do Galpom – Quedamos nesa praza

Matachin (12-Xuño-2009)

Aínda que o venres pasado nos deixaran tirados no Coliseo aquí vai un video dos Som do Galpóm, un exercicio tremendo de stop-motion (non fai moito puxen outro exemplo cun video de El Gremio).

E se que queres apoiar a música galega podes asinar o Manifesto Básico pola defensa da RTVG, para que volva a haber un programa que difunda a nova música que se esta a facer en Galicia.

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

Concertos na Run Rum

Matachin (28-Maio-2009)

Esta fin de semana os únicos concertos que podo destacar son os da Run Rum, tanto o vernse coma o sábado.

O venres e a quenda de M&M’s Band, que polo nome pode que non vos diga nada pero e o novo grupo de Maikel, Reina e Juse (antes en BandeBanda) xunto con Michel (ex-Amadeus, agora en Black Rose) e a colaboración de Colas Lage para este concerto.

Neste grupo Maikel volve a voz solista para repasar temas de Johnny Winter, Blues Brothers, ZZ TOP, Rolling Stones, Wilson Picket, James Brown e outros clásicos do Blues, o Soul e o country.

som do galpóm

E para o sábado Som do Galpóm (outra vez) presentando o seu novo disco, desta vez temos voda e non sabemos se iremos ainda que a voda é de mañá e sería unha estampa curiosa ver a toda a xente do convite na Run Rum. Veremos como acaba a cousa.

Pasádeo ben!

Categorías: Concertos | 1 Comentario »

Imaxes do Treme a Terra 2008

Matachin (21-Xaneiro-2008)

[youtube 8GydqjC5a0s Som do Galpom @ Treme a Terra 2008]

O concerto comezou con Som do Galpom que sufreu as consecuencias de ser o primeiro grupo, pouca xente en xeral e toda na parte de atrás quecendo motores. Nós achegamonos un pouco e confirmamos que é un grupo que nos gusta, e o feito de que a súa instrumentación sexa real fai que moitos que puideran ter certa aversión o hip-hop perdan prexuízos ante a súa proposta.

Non sei canto falta para que saquen o disco novo, pero xa teño curiosidade por ver como soa. (máis…)

Categorías: Concertos | 1 Comentario »

XIII Treme a Terra en Pontedeume

Matachin (18-Xaneiro-2008)

[youtube JePJNCrxpcY Flogging Molly - Drunken Lullabies]

Hoxe celébrase o Treme a Terra e xa teño gañas de ver outra vez a Motor Perkins que tanto nos gustou en Fene, e como sempre digo que se parecen a Flogging Molly pois poño un video deles, que ademais é unha canción que MP versionan coma Rosa dos Ventos no seu disco.

E para completar cartel Som do Galpom (outros coñecidos), BoNoVO (dois que teños moita curiosideade de ver) e a rumba mestiza de La Pegatina.

Categorías: Concertos, Videoclip | Sen comentarios »

Cartel do Treme a Terra 2008

Matachin (23-Decembro-2007)

Cartaz Treme a Terra 2008

Este é o cartel do Treme a Terra de este ano e parece que este ano tamén repetimos, o cartel é atractivo.

Dos coñecidos por nós o hip-hop con instrumentación real de Som do Galpom e o paddy punk de Motor Perkins xa aseguraban a nosa presencia. E dos que aínda non vimos: o folk do século XXI de bOnOvO (co fenés Roberto Grandal nas súas filas) e a rumba catalana de La Pegatina completan o cartel.

Eu xa me apuntei, e tí?

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Resumo dos concertos da fin de semana

Matachin (3-Setembro-2007)

Boa fin de semana de concertos esta última, o sábado con Som do Galpom e o domingo Lamatumbá.

O sábado achegámonos o Tiburón para ver a Som do Galpom, e impresión que me causaron na primeira escoita confirmaronse en directo: hip-hop de calidade (non me vale o de fusión) a nivel de letras e de música, baixo unha base de instrumentación real moi calida e funki que me fixo recuperar o album Equilibrio de El Payo Malo ou The Roots (salvando distancias). Con un repertorio a priori moi curto (ate o de agora, por outra parte, é lóxico) que fixo que nos bises tiveran que case repetir o concerto outra vez.

Unha lástima que na maqueta non veña a de “Antes de pequeno, agora de maior” aínda que parece que pronto entraran no estudio con Xurxo Souto para grabar novo material como parte do premio por gañar o II concurso musical da Terra e da Língua que organiza Artábria. Estaremos atentos a súa evolución, creo que e posible que veñan o Fervesteiro asi que ahi estaremos.

E de Lamatumbá pouco que dicir, concerto impresionante que fixo mover á xente e precisamente esa foi a boa noticia: a xente. Despois de dous concertos onde eramos catro gatos diante do escenario parece que os de Ourense foron o reclamo necesario para que a praza do concello enchérase por primera vez no verán.

Categorías: Concertos | 3 Comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).