Por fin vou poder ver a Nueva Vulcano en directo! Despois de que na sua última visita fora baixa por enfermidade desta vez parece que si vai a ser.
Hoxe na Mardi Gras da Coruña xunto con The Homens presentarán o seu último disco “Los peces de colores” onde se amosan mais alegres e luminosos aínda que sen perder a emoción que lles caracteriza, e vaia base rítmica! A potentísima batería de Albert Guardia e o baixo de Wences Aparicio co unhas liñas de baixo incribles das que a partir delas, segundo Artur Estrada (cantante e guitarra), créan as cancións. Por suposto xunto coas letras deste último un exercicio de enxeñería sobre frases feitas que o converten no meu letrista favorito do momento.
Ademais será a primeira vez que escoitamos en condicións o “Cuarta Potencia” de The Homens, por que xa os vimos presentar o disco pero daquela aínda non lle deramos unha escoita a fondo.
Unha ocasión que ninguén debería perder (a ver se non quedo sen entrada )
Hoxe teñen moitas festas en Ferrol. Para empezar Todo el largo verano e Carrero Bianco no Desván protagonizan a Festa Oficial de La Fonográfica General Nº 45, onde o single agasallo será de TELV.
Por outra banda tamén nos apetecía ir o concerto de Los Tigres del Cañotas no Sikaru ás 22:30 e a Los Predicadores ás 00:30 no Balance, pero puxemos en orde as nosas prioridades e xa temos un gañador.
Hoxe na Coruña celebrase a festa Lixo Urbano no Le Club que servirá para a presentación dos últimos dous lanzamentos da discográfica compostelá. The Homens presentarán o seu agardado segunda Larga Duración chamado “Cuarta Potencia” no que ademais da evolución no son que supón a inclusión nos últimos tempos dun teclista á formación avísannos dun recrudecemento das letras e actitude (parece ser que ata abandonan as súas míticas camisolas a raias), coma na anterior ocasión o tedes en LP e en CD.
Para completar a noite Novedades Carminha presentan o seu “Te vas con cualquiera” en CD, pop punk dadaísta e un san costume de provocar ao público completan o dueto para unha festa inmellorable.
Estes rapaces, a digievolución dos Mistakens estarán mañá en Neda dentro dos concertos de Vai de Camiño, xunto con The Homens que volven hoxe de Sant Feliú de gravar o seu disco e Andrés Suarez que xa tocou en San Valentín pero esta vez seica vai con banda (a ver si así me presta mais que a min o rollo Libertad 8 non me vai moito).
Se estades de volta e non tedes moita gaña de traballar podedes botarlle unha ollada os vídeos que gravaron na Festa da Chuvia onde tocaron Spinning Jenny, The Homens, Orquesta Azul Caribe, Area Vasta, Bodega Bodega, Os Jalochos e Lamatumbá.