Matachin (20-Febreiro-2008)
Despois de moito tempo por fín vin as fotos do concerto ó que asistimos fai xa case dous meses, gracias a Kike por compartir a súa cámara.


Tedes algunha mais fotos do concerto de TAB + Los Iribarnes en Flickr.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (21-Decembro-2007)
[myspace 22496848 El crimen: Como ocurre y como remediarlo]
Hoxe que na maioría das empresas se celebra a súa cea, os taberneiros declarámonos insumisos e empezamos a nosas festas de fin de ano cunha viaxe á Coruña para concerto e posterior rachí pola cidade.
Emigramos para ver no Mardi Gras a Triangulo de Amor Bizarro e Los Iribarnes, que parece a priori un moitísimo mellor plan de festa que reirlle as grazas o xefe e mais despois da boa impresion que nos causaron TAB no aniversario do Manchita.
E dos Iribarnes que dicir: que temos moitas gañas de velos, que vimos a parte do grupo como a mutación Jimenez del Oso e nos gustaron moito, hoxe será o día de comprobalo.
Categorías: Concertos, Videoclip | Sen comentarios »
Matachin (26-Novembro-2007)
bizarro, rra
(De it. bizzarro, iracundo).
- adj. valiente (‖esforzado).
- adj. Generoso, lucido, espléndido.
Asi soaron Triangulo de Amor Bizarro o sábado no Manchita, xa os viramos en Vilagarcia pero e que o son non tivo comparación. Cambiaron o volume por potencia sonora e as canción gañaron moitísimo.

Se o público estivese un pouco mais participativo e non tan estático sería un concerto memorable, pero deu igual, paseino coma un anano.
A anécdota: como mostra do en familia que se estaba no Manchita TAB empezaron tres veces Isa vs el Partido humanista e a terceira entre risas Isa comenta: Es que empezábamos cada uno una canción distinta. Que volvan, que serán ben recibidos.
A foto mangueilla a Ruben do seu fotolog, as reclamacións nos comentarios.
Categorías: Concertos | 3 Comentarios »
Matachin (24-Novembro-2007)
Hoxe pola noite o Manchita Cosa celebra estar catro anos seguidos poñendo copas e música na rúa Magdalena de Ferrol.
E para a festa traeron a Triangulo de Amor Bizarro e a FRANC3S, grupo de Carballo que se move en similares ambientes ruidosos dos coruñese, TAB fai pouco presentou un novo disco a base de cancións inéditas da gravación do seu álbum debut e as maquetas das canción que si entraron.
Felicidades e a ver se nos pasamos por alí.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (7-Setembro-2007)
Chegou a fin de semana e o mellor sitio para descansar son os bares…
[myspace 17031105 TAB - El himno de la bala]
PD: Boísimos Sumrrá, xa teño dous baterías favoritos.
Categorías: Videoclip | 1 Comentario »
Comentarios