A Pintega

Resaca electoral

Matachin (2-Marzo-2009)


Venga Monjas: Llamadme Claudia from Venga Monjas on Vimeo.

Non quixen poñer este video onte por non perturbar a xornada electoral.

Hoxe que todos estamos perturbados abondo pode que nos axude a centrarnos un pouco.

Categorías: Humor | 2 Comentarios »

MEMBRILLO Fanegas – Lina Morgan VS Morgan Freeman

Matachin (5-Decembro-2008)

Como xa avisamos onte, hoxe hai concerto dos MEMBRILLO Fanegas en Las Vegas (en fronte da Jorge Juan, onde tiñan a maquina do Retorno do Jedi :) ) e aínda que mañá arrancamos moi pronto cara Avilés supoño que unha pequena visita si que se poderá facer.

Se che gustan cousas coma Bloodhound Gang, Mamá Ladilla e ris con Muchachada Nui ou Venga Monjas… ES UN ENFERMO!! e só deberías xuntate con xente coma tí…

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

A dose de hoxe de desconcerto

Matachin (3-Xuño-2008)

Sempre está ben que cando todo empeza a ter sentido, cando parecía que xa tiñas todo controlado veñan os rapaces de Venga Monjas para alterar un pouco a túa saúde mental. O capítulo de hoxe volveu a descolocarme de todo e volveu a facerme rir.

Ademais por se iso fora pouco, tiveron a ben presentarnos a este individuo chamado Miquel Noguera e os seus Ultrashows (que podedes ver na súa web Ultraviolencia) onde se dedica a desbarrar e levar chistes sen gracia ó limite. Como mostra do que podedes ver na súa web unha mostra:

(máis…)

Categorías: Humor | 2 Comentarios »

Tú antes molabas: mais series para internet

Matachin (28-Maio-2008)

Tú antes molabas es una serie creada entre Antonio Castelo (ex-CQC) e Adolfo Valor (guionista de El Intermedio) que trata sobre la vida de Castelo despois de deixar de ser reporteiro de Caiga quien Caiga e a súa confrontación coa vida cotidiana e que se emite por internet.

A priori Larry David so hai un, e é posible que se este se alguén se achegase a unha televisión con unha idea similar para gravar en formato widescreen levaría unhas ostias (ou algo peor), pero por sorte o mundo conta con algo que se chama internet que permite que se alguén ten unha idea a poida compartir con todos, pasando dos que levan toda a vida controlando o que podemos e non podemos ver. Porque ¿qué sería de nós sen Que vida mas triste, Venga Monjas (que xa teñen blog de VM) ou Coinman?.

Falando xa da serie a interpretación de Castelo podería mellorar (que carallo, a idea é súa) pero a serie promete e o capítulo ten suficientes bos detalles como para desexar ver un segundo episodio.

Categorías: Humor, Internet | 1 Comentario »

Unha colaboración que se vía vir

Jans_topo (29-Abril-2008)

Estes días produciuse en Madrid un evento que reuniu tres temas que apasionan nesta tarbena: Muchachada Nui, Nacho Vigalondo e Venga Monjas:

O evento en cuestión foi á rodaxe dun scketch de no que se pediu a colaboración popular e que dirixiu o mesmísimo Vigalondo in person e no que participaron os rapaces de Venga Monxas. ¡Toma conxunción!

Ainda que agora que o penso, o Vigalondo xa colaborou alguna vez que outra cos chanantes, e os rapaces de Venga Monjas xa tiveron os seus más e os seus menos con este e con aquel. ¿Qué conxunción nin conxunción? Amiguismo puro e duro…

Bah, ó que lle importe, estou desexando ver ese scketch.

Categorías: Humor | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).