A Pintega

the pillows – Carnival

Matachin (22-Agosto-2008)

O grupo xaponés the pillows leva sacando discos dende 1990 pero non foi ata o 2000 cando lle puxeron banda sonora o anime FLCL, acadando recoñecemento no resto do mundo.

Guitarras que tiran as veces cara o power pop e as veces mais cara o indie rock e cancionzacas coma Sleepy Head, Ride on shooting star, Naked Shuffle ou o politono de jans_topo: Carnival.

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

Xapón mola

Matachin (10-Agosto-2007)

Hai algo mais cool que unha banda de ska xaponesa composto únicamente por rapazas?

[youtube BI8Fov00Cmw Oreskaband]

Hai, o que nos estaremos perdendo do pais do sol nacente…

Categorías: Videoclip | 1 Comentario »

Yubitsumizate!

Matachin (22-Abril-2007)

Como ben dixo Homer no episodio no que a familia Simpson ía ó Xapon: Nos levan anos de ventaxa. Parece ser que a técnica da octalización lévase usando dende hai ben anos na cultura xaponesa. Esta técnica, conocida alí co nome de yubitsume, empregábase en organizacións mercantís adicadas ó sector do ocio e entretenemento (os yakuzas) para aumenta-la eficiencia dos seus empregados menos productivos. A pesar de que o orixe dos yakuza remóntase ó xapón medieval (o periodo edo) a súa historia continuou ata os tempos actuais. De modo que, aínda hoxe, séguese a emprega-lo yubitsume:

[youtube LDgLXeP7Few Yubitsumizate]

Categorías: Para-Noia | Sen comentarios »

Están tolos estes xaponeses

Jans_topo (5-Setembro-2006)

Un sobresaínte vídeo que circulou moito polo interned adiante en xeral e polos outlooks de oficinistas en particular (viveiro de chascarrillos, chorradas e correos encadeados) foi o vídeo do pingpong matrix, disponible para o seu cómodo visionado en youtube. Ahí o vai:
[youtube -dcmDscwEcI Ping-pong matrix]
(máis…)

Categorías: TV | Sen comentarios »

Tigarah

Matachin (6-Maio-2006)

Se chegaches tarde o boom de M.I.A., ou colliches polos pelos a Lady Sovereign na taberna traemos o novo hype.

TigarahTigarah é unha rapaza xaponesa de Tokio, estudante de ciencias politicas cun posible futuro de embaixadora ata que quedou impactada polo Baile Funk saído das favelas en Sao Paulo ou Río e iniciou unha serie de visitas a Brasil.

Colaborou con varios músicos brasileños. Entón coñeceu a Mr. D, que lle producíu uns temas que van dende o baile funk, hip-hop ou o grime británico. Todo esto levouna a ser considerada a M.I.A xaponesa, comparade vos mesmos, eu so penso que teñen unha mesma raiz.

Así que se queredes animar este sábado podedes escoitar o seu EP na sua web.

Categorías: Musica | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).